A HISTORIA INICIAL: DOUS MUNDOS OPOSTOS OBRIGADOS A CONVIVIR
 

Pilar, unha profesional xoven e ambiciosa, acaba de mercar por un precio irrisorio unha preciosa casa de aldea restaurada a uns poucos quilómetros do centro da cidade; pero por suposto a ganga non é tal: cando Pilar se asoma polo muro do seu xardín a ver que hai do outro lado descobre un espacio de dificil clasificación, unha mestura entre vertedoiro e desguace, a ferranchina de Pepe. Pilar non tarda en descobrer que ter unha ferranchina xunto á súa casa non é o peor que lle podía pasar.

O peor é o seu dono, Pepe o Inglés , un tipo caótico, que vai por libre e que non parece entender o que é a convivencia entre veciños. Xunto a el, Suso e Negreira; o primeiro é o seu axudante, un tipo tímido, silencioso e de poucas luces; o segundo, un taxista arroutado, bruto e fachendoso. Ó logo dos episodios asistiremos á difícil convivencia entre Pilar e Pepe (dous mundos opostos obrigados a entenderse) e ó nacemento dunha mutua e inesperada atracción que a ambos repugna, pero que non poden evitar.

Invitámosche a sumerxirte no mundo de Pepe, O´Inglés.